Friday 29 de March de 2024

Cariño acolle mañá xoves o programa estatal ‘A administración preto de ti’


● A xornada celebrarase a partir das 11:30 horas no local social da casa do concello e os asistentes terán a posibilidade de obter o certificado electrónico.

● A sesión, organizada pola Subdelegación do Goberno en colaboración co Concello, está aberta ao público e asesorarase e resolverán dúbidas cos trámites e xestións máis habituais.

● Inscricións gratuítas no propio local social ou no teléfono 981 420 206.

Cariño acollerá mañá, xoves 2 de febreiro, a partir das 11:30 horas no local social da casa do concello, o programa ‘A administración preto de ti’, organizado pola Subdelegación do Goberno en colaboración no Concello de Cariño.
Na xornada, aberta ao público, asesoraranse e resolverán dúbidas cos trámites e xestións máis habituais coa administración. Ademais, unha vez finalizada a charla, ofrecerase aos asistentes a posibilidade de obter un certificado electrónico, en concreto o que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre xa que é o que dá maiores posibilidades de interacción coas administracións públicas.
Hai un máximo de 20 prazas e as inscricións, que son gratuítas, poden realizarse no propio local social ou no teléfono 981 420 206 ata hoxe, mércores 1 de febreiro, ás 20 horas.